28 de abril de 2009

PAUTAS PARA FAVORECER A LINGUAXE ORAL E A COMUNICACIÓN DOS SEUS FILLOS/AS

. Non corrixilo continuamente ,pero SI lle repetir lentamente o que di mal para estimular a retroalimentación auditiva. • Ofrecer un tempo determinado de latencia para darlle o tempo necesario para que conteste ás nosas preguntas. • Demostrar que o escoitamos mirándolle cara a cara sempre que intente comunicarnos algo. • Non usar preguntas pechadas, é dicir, non usar preguntas nas que só teña que contestarnos si/non, porque deteñen a comunicación. Usar preguntas nas que teña que contestar o concepto. *Por exemplo: Non usar sempre preguntas, como: ¿queres pan? .Usaremos preguntas abertas, como: ¿qué queres?, ¿queres pan, chocolate ou galletas?... • Podemos ampliar o seu vocabulario usando varias formas, como: o Nomeando: "é un coche" . Explicando: "papa/mamá vai en coche ao traballo" . o Falando de sentimentos: "¿ gústache ir no coche de papá "? Describindo: "O coche de papá é branco",E coche branco de papá" ;"O coche vai moi rápido"; "O coche de papá é moi grande",etc. o Facendo "coma se ": "Imos facer coma se comemos un helado"(acompañándonos co xesto de chupar o xeado). o Non o faremos repetir palabras, nin expresións aínda que non as expresara completamente ben. Sempre o felicitaremos cando se esforce en usar a linguaxe, cun aplauso, un sorriso, un bico, un "moi ben" aínda que só se aproximara ao modelo correcto. Corrixirémoslle, pero non dicíndo "Non, así Non", senón que lle corrixiremos dándolle o modelo correcto para que nolo oia e así, pouco a pouco vaia integrando as estruturas correctas e poida ir usándoas el só. • Tentarlle con actividades que lle interesen moito:contos compartidos, xogos compartidos... • Intentar que os momentos de xogo, de conversación, cotiáns sexan o máis natural posible. • Espertar a súa curiosidade creando novas oportunidades e novos contextos para que explore novas situacións e así aparezan distintas expresións na súa linguaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario