25 de noviembre de 2009

CAMBIEMOS EL ROL Y EL GÉNERO EN LOS CUENTOS TRADICIONALES.NO AL MALTRATO DE GÉNERO




"O RATIÑO PRESUMIDO"
(versión en Galego)
"Había unha vez un SEÑOR RATIÑO que todas as mañás varría a súa casiña.
 E sempre que varría , cantaba:
”LA, LARÁ, LARIÑA…VARRO A CASIÑA…”

Un día, cando estaba varrendo atopou unha moeda de ouro…e pensou:
-¡Mercarei, mercarei, moitas lambonadas! ¡AH, non, non, que me chamarán lambón!.

-Mercarei, mercarei…,¡Unha gorriña linda!, que me tape as orelliñas do frío.
Desde aquela, foi o ratiño máis presumido da cidade e cantaba feliz
“LA, LARA,, LARIÑA…VARRO A CASIÑA…”

Unha mañá, que estaba o ratiño varrendo a súa casiña, pasou DONA VACA MARELA e díxolle:

-“Ratiño, ratiño, ¡qué guapo estás! ¿Queres casar comigo?.

-¿E de que me falarás?

-Pois direiche : MUMUMUMU…..

-¡Ai, non,non, que me asustarás !Un pouco enfadada vaise a vaca polos prados.
Pouco despois, mentres o ratiño varría e cantaba, pasou por alí unha bonita  PATA e díxolle:

-“Ratiño, ratiño, ¡qué guapo estás! ¿Queres casar comigo?.

-¿E de que me falrás?

Pois direiche :CUA,CUA,CUA…..

-¡Ai, non,non, que me asustarás !Algo triste vaise a SEÑORA PATA polas rúas da cidade
Outro día, mentres o ratiño varría e cantaba, pasou unha GRAN GATA BRANCA , e díxolle:

-“Ratiño, ratiño, ¡qué guapo estás! ¿Queres casar comigo?.

-¿E de que me falarás?

-Pois direiche :MIAU,MIAU,MIAU…..

-¡Ai, non,non, que me asustarás !
Algo triste vaise a gata polos tellados, buscando un gatiño branco co que poder casar.
O ratiño seguía cantando e oíu de súpeto: CO,CO,RO,CO…,xa esta esquí a galiña Cocoro.

-Ratiño, ratiño, ¡qué guapo estás! ¿Queres casar comigo?.

-¿E de que me falarás?

-Pois eu farei :CO,CO,RO,CO…..

-¡Ai, non,non, que me asustarás !Algo amolada a galiña tamén marchou.
Entón pasou por alí unhaSEÑORA RATA,e díxolle:

Boas tardes, ratiño ¡qué guapo estás! ¿Queres casar comigo?.

-¿E de noite que farás?

-Pois: calar e durmir, durmir e soñar e tamén viaxar e festexar a felicidade.

-E o ratiño díxolle ¡Pois contigo vou casar!
As campás xa están a repicar! ¡O casamento vaise celebrar!
E así foi a voda: Déronse un beixo que lles soupo a queixo!

¡ E ,colorín colorado, varredo , varrendo , quedaron os enamoredos ¡"
Fin






No hay comentarios:

Publicar un comentario