29 de junio de 2009

O COMPLEXO PROCESO DA LECTURA

A lectura é un proceso inferencial, construtivo, complexo, caracterizado pola súa automatización e no que se pode falar da existencia de dúas etapas (a de identificacióne ou de recoñecemento das palabras, onde inclúese procesos de identificación de letras e/ou palabras,e a de pronunciación e acceso ao significado das palabras) e catro fases (a fase de descodificación e recoñecemento, a fase de acceso ao significado, a fase de comprensión de proposicións e a fase de comprensión do texto). Un proceso que participa na identificación e acceso ao significado é a descodificación, que se considera o proceso previo ao significado, mediante o cal letras, conxuntos de letras e palabras son trasladados a sons (ou, ás veces, no caso das letras, son nomeadas). Ademais, é moi importante a automatización dos procesos básicos de identificación para liberar recursos aplicables á comprensión, que dependerá de diversos factores, como a familiaridade, a semellanza, a frecuencia, a experiencia lectora, etc. - Os Procesos Perceptivos: Para que unha mensaxe poida ser procesado ten que ser previamente recollido e analizado polos nosos sentidos. Para iso, os mecanismos perceptivos extraen a información gráfica presente na páxina e almacénaa durante un tempo moi breve nun almacén sensorial chamado memoria icónica. A continuación, unha parte desta información, a máis relevante, pasa a unha memoria máis duradeira denominada memoria a curto prazo, dende onde se analiza e recoñece como determinada unidade lingüística. A cuestión máis investigada e discutida deste proceso é se recoñecemos as palabras globalmente (a través dos seus contornos, trazos ascendentes e descendentes, etc) ou temos que identificar previamente as súas letras compoñentes. - O Procesamento léxico: Unha vez identificadas as unidades lingüísticas, o seguinte proceso é o de atopar o concepto co que se asocia esa unidade lingüística. Para realizar este proceso dispoñemos de dúas vías: unha que conecta directamente os signos gráficos co significado e outra que transforma os signos gráficos en sons e utiliza eses sons para chegar ao significado, tal como acontece na linguaxe oral. - O Procesamento sintáctico: As palabras illadas a penas proporcionan información, xa que teñen que agruparse en unidades maiores tales como as frases ou as oracións nas que se atopan as mensaxes. Para realizar este agrupamento, o lector dispón dunhas claves sintácticas que indican como poden relacionarse as palabras do castelán (no noso caso) e fai uso deste coñecemento para determinar as estruturas particulares que atopa. - O Procesamento semántico: Despois de que estableceu a relación entre os distintos compoñentes da oración, o lector pasa xa ao último proceso, consistente en extraer a mensaxe da oración para integralo cos seus coñecementos. Só cando integrou a información na memoria pódese dicir que rematou o proceso de comprensión. Para conseguir unha lectura normal, é necesario que todos estes módulos funcionen de xeito correcto. Se algún destes compoñentes deixa de funcionar (por exemplo, a causa dunha lesión cerebral) ou non chega a funcionar como debese (por exemplo, por unha mala aprendizaxe) produciranse alteracións na lectura. Non obstante, por este carácter modular do sistema de lectura, o feito de que un compoñente estea deteriorado non impide que o resto poida seguir funcionando normalmente. En consecuencia, os trastornos de lectura serán diferentes en función de cal sexa o compoñente que non está a funcionar. Isto implica, que polo tipo de fallos que cada suxeito comete se pode predicir qué compoñente ten alterado. PAUTAS XERAIS DE INTERVENCIÓN: Para a ruta visual a tarefa básica é conseguir representacións léxicas para as palabras, así como as súas conexións no sistema semántico, e a mellor forma posible é mediante a asociación signo gráfica- significado (mostrando un debuxo co seu nome ao lado). Para a ruta fonolóxica, se aconsella un método baseado na utilización de letras de plástico ou de calquera outro material sólido. Trátase de letras en forma de script de distintas cores. Estas letras son manipulables, estimulan máis sentidos, e ao ser coloreadas axudan á memorización e ao establecemento de regras de asociación ( as vogais son da mesma cor...). O procedemento consiste en construír e transformar palabras con estas letras. Se non sabe as letras que ten que poñer proporciónaselle axuda e despois mestúranselle as letras para que o intente o só.. Unha vez construída unha palabra fanse con ela diversos exercicios destinados a identificar as súas letras e a asocialas cos sons puros correspondentes ( que digan palabras que conteñan sons similares....). Iranse deseñando tarefas cada vez máis complexas. Para o déficit de Procesamento sintáctico, e máis concretamente para a aprendizaxe dos signos de puntuación é recomendable o uso de claves de apoio. Trátase de que a/o alumno/a traduza os signos de puntuación nas pausas e ton correspondentes. Un exemplo sería: - Instrúese o neno para que dea un suave golpe sobre a mesa cando se atope cunha coma ou un punto e coma e dous golpes cando se atope cun punto. - Prepárase un texto cos signos de puntuación ben marcados mediante cores, aumento de tamaño e espazos en branco ao seu arredor. - O terapeuta le o texto con ritmo lento, resaltando moito as pausas e ton.´ - Alumno/a e terapeuta len conxuntamente o texto varias veces, marcando os xestos de golpear a mesa, ata que se produza unha execución aceptable por parte do neno/a. - Etapa de esvaecemento de claves de apoio. Primeiro elimínanse os signos gráficos, despois os xestos. - Repetición deste proceso con outros textos.